InicioPolíticaRubén Arroxo cuestiona o criterio da Xunta nos investimentos en municipios e...

Rubén Arroxo cuestiona o criterio da Xunta nos investimentos en municipios e pide o mesmo trato para todos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, cuestionou o criterio da Xunta nos investimentos en municipios e reclamou ao Goberno galego que aposte igual por todos os concellos. Así se manifestou o nacionalista despois de que este martes a alcaldesa de Santiago, tamén do BNG, denunciase nunha carta aberta aos veciños o uso “partidista” da administración autonómica. Fíxoo tras acordar o luns o Consello da Xunta unha colaboración de 12 millóns de euros co Concello de Ferrol, e que chegará aos 185 millóns en diversas actuacións na comarca, para a rehabilitación de edificios e a reurbanización.

Este mércores, Rubén Arroxo puxo como exemplo o barrio lucense da Tinería, onde, apuntou, “a maioría do patrimonio é responsabilidade precisamente da propia Xunta e leva 16 anos abandonado”. Nesta liña, o tenente de alcalde cuestionou a postura do PP que, tal e como apuntou, anunciou un concurso de ideas para o Pazo de Dona Urraca “que xa se realizou no ano 2008 e que a Xunta decidiu non executar”.

Do mesmo xeito, insistiu en que Casa Torre está abandona e nos fornos unicamente “quitouse unha chapa metálica, o que se fixo pasar como a gran intervención da Xunta na Tinería”, apuntou Rubén Arroxo. Tamén acusou á Xunta de manter o barrio en “unha precariedade absoluta”, lembrando que é “un dos poquísimos barrios do mundo que ten patrimonios da Humanidade”. Nesta liña, insistiu en que é “máis necesario que nunca investir en todas as cidades” debido tamén á falta de vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...