InicioSociedadeRisco na provincia de Lugo por baixas temperaturas, con ata -6ºC

Risco na provincia de Lugo por baixas temperaturas, con ata -6ºC

A previsión é de tempo estable e límpido, con néboas no interior da provincia de Lugo e algo de inestabilidade na faixa norte

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alomenos trinta provincias amenceron en situación de risco por baixas temperaturas, entre elas Lugo e Ourense, que poderían alcanzar os -6 graos centígrados. Estes valores son semellantes aos de puntos da Meseta coma Soria ou Toledo. A comunidade máis afectada polo frío é Castela e León, con todas as súas provincias con avisos por baixas temperaturas.

A previsión ofrecida no GaliciaConfidencial confirma o predominio do tempo estable e os ceos pouco nubrados ou despexados, salvo en zonas de néboa. Como informa Meteogalicia, permanecerá en influencia anticiclónica, aínda que unha fronte moi pouco activa chegará polo terzo norte. Así, agárdanse ceos alternando nubes e claros en xeral, quedando máis cubertos no norte das provincias de Lugo e A Coruña, onde mesmo podería rexistrarse algún orballo. Volverán a formarse xeadas e néboas en puntos do interior.

Resto da Península

No entanto, estará nubrado no Cantábrico oriental e norte de Navarra, aumentando a nebulosidade durante o día no resto do extremo norte peninsular, con algunhas choivas a partir da tarde no País Vasco, norte de Navarra e Pireneos, onde a cota de neve estará arredor dos 1100-1300 metros. É previsible a aparición de nubes baixas no extremo sueste peninsular e Baleares.

Haberá brétemas e probabilidade de néboas matinais en zonas de Castela e León, alto Ebro, e interior sueste e nordés peninsulares. As temperaturas diúrnas irán en ascenso no Cantábrico e contorna do alto e medio Ebro e do Sistema Ibérico e rexistraranse poucos cambios no resto.

En boa parte do interior peninsular haberá xeadas, mais intensas en Pireneos, meseta norte e Sistema Ibérico. O vento será de compoñente leste en Canarias e predominio do compoñente norte no resto do país, tendendo a forte no baixo Ebro, Empordán e Pireneos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...