Home Lugo e contorna O novo xefe da comandancias de Lugo, ante o reto de “seguir profundando nunha provincia segura”

O novo xefe da comandancias de Lugo, ante o reto de “seguir profundando nunha provincia segura”

0
O novo xefe da comandancias de Lugo, ante o reto de “seguir profundando nunha provincia segura”
O delegado do Goberno en Galicia recibe aos xefes das comandancias da Garda Civil de Lugo e Ourense. DELEGACIÓN DO GOBERNO

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu aos novos xefes das comandancias de Lugo e Ourense, o coronel Luís Germán Avilés e o tenente coronel Rafael Berguillo.

Estiveron acompañados polo xeneral xefe da Garda Civil de Galicia, Miguel Ángel González e polo coronel xefe da plana maior da zona, José Antonio Fontes. Blanco trasladou aos novos xefes das comandancias a súa “total confianza e a disposición” para manter “o bo funcionamento” e “seguir profundando nunhas provincias seguras”, segundo destaca a Delegación do Goberno nun comunicado de prensa.

Isto é, segundo destaca, “algo que leva conseguindo ano tras ano” e que converte a Lugo e Ourense nun “dos territorios máis seguros do país”.

PERFÍS

Rafael Berguillo, o responsable en Ourense, foi xefe da reserva e seguridade de Pontevedra desde o ano 2017. Estivo destinado no sector de tráfico, na academia de Mérida e no equipo contra o crime en Baleares.

Luís Germán Avilés, en Lugo, coordinou as comandancias de Oviedo e Zaragoza, o que foi o seu último destino ata agora. Acode, por tanto, coas mesmas funcións que xa viña desenvolvendo.

+ posts