InicioMovementos sociaisConcentración ante o Instituto Nacional de Seguridade Social de Lugo contra o...

Concentración ante o Instituto Nacional de Seguridade Social de Lugo contra o “incremento indiscriminado e abusivo” de altas médicas

A CIG afirma que a poboación laboral lucense, contrariamente ao resto de Galicia, está envellecida, cunha media de idade de 51 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Membros da CIG concentráronse este mércores diante do edificio do Instituto Nacional da Seguridade Social de Lugo para denunciar un incremento no número de altas médicas por parte da Inspección médica da Seguridade Social e do Servizo Galego de Saúde (Sergas). O secretario comarcal de CIG Lugo-A Mariña, Antonio Niño Saavedra, explicou que nos últimos meses xa detectaran un aumento paulatino destas baixas, pero que se acrecentaron a final de ano.

Matizou tamén que, aínda que afecta a todos os sectores, naqueles con carga física máis elevada, como a construción, a limpeza no fogar e os coidados dos maiores, “é onde máis se nota porque son onde máis baixas hai”. Explicou tamén o responsable sindical que o obxectivo destas accións é “acurtar as baixas médicas e os longos períodos de recuperación para reducir o absentismo”. Así, cualificou a situación de “persecución indiscriminada e abusiva” aos traballadores “aos que se culpa da súa situación de baixa, cando na maior parte das ocasións son as condicións de traballo en precario e a deficiente atención da sanidade pública as responsables”.

A provincia de Lugo ten unhas condicións especiais, diferentes do resto de Galicia, xa que conta cunha poboación laboral cunha media de idade de 51 anos: “Temos unha poboación laboral envellecida que repercute nun maior número de baixas, e o que queremos é denunciar estas situacións de absoluta inxustiza e de abuso por parte da Inspección”. O responsable da CIG considera que as altas se están dando cun “criterio economicista” e non médico, con casos como altas médicas en persoas non sas, denegación de incapacidades, reticencia a novas baixas ou o non recoñecemento de enfermidades profesionais. “Os que deberían velar pola nosa saúde son os que agora nos poñen nunha situación de indefensión”, concluíu.

ÚLTIMAS

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

Lugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618 persoas dependentes sen axuda no fogar

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...

Absolven o terceiro acusado de deter ilegalmente unha menor en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao terceiro acusado de deter ilegalmente a unha...

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...