InicioSucesosAcepta seis meses de cárcere por proferir insultos racistas e homófobos contra...

Acepta seis meses de cárcere por proferir insultos racistas e homófobos contra un camareiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Lugo aceptou unha pena de seis meses de prisión e pagar unha indemnización de 2.000 euros a un camareiro ao que proferiu insultos racistas e homófobos nunha cafetaría da rúa Camiño Real. Chamouno “panchito de merda” e díxolle que parecía “gai” por usar luvas para porlle unha cana que, segundo dixo, íalle “a dar SIDA”.

O home, xulgado este martes na Audiencia Provincial e para o que se pedían nun principio 15 meses, chegou a un acordo coa Fiscalía para rebaixar a condena. Ao non ter antecedentes, a pena foi suspendida polo tribunal no mesmo acto, coa condición de que non volva delinquir en dous anos e indemnice á vítima.

Os feitos xulgados remóntanse a novembro de 2023, cando o agora condenado acudiu ao local onde o camareiro, de nacionalidade brasileira, serviulle utilizando unhas luvas. O home encarouse co camareiro, ao que lle recriminou que lle servise desta maneira. Frases como “panchito de merda”, “pallaso”, “os inmigrantes non valedes para nada”, “pareces gai por pór a caña con luvas” e “a caña que me puxeches vaime a dar SIDA e vai facer que me volva gai” foron algunhas das expresións que lle gritou ao traballador. Por estes feitos foi acusado dun delito de odio e outro leve de ameazas.

O acusado aceptou, por tanto, o seis meses de prisión, unha multa de ao redor de 1.000 euros e inhabilitación de tres anos para exercer no campo docente, deportivo e de tempo libre durante tres anos polo primeiro delito. Polo de ameazas súmanse 90 euros de multa e, ademais, deberá pagar unha indemnización doutros 1.000.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...