InicioLugo e contornaLugoDetido en Lugo por tentar supostamente agredir á súa parella en presenza...

Detido en Lugo por tentar supostamente agredir á súa parella en presenza dun menor

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras tentar supostamente agredir á súa muller.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras tentar supostamente agredir á súa muller. Segundo informaron fontes policiais, a intervención produciuse na madrugada do pasado venres, cando o 092 recibiu unha chamada dunha muller que relataba que se atopaba pechada nun cuarto da súa vivenda, porque lle tiña medo ao seu marido.

Tal e como relatou a muller, a súa parella tentara agredila, en presenza dun menor de 10 anos, polo que os axentes procederon á súa detención. Por outra banda, a Policía Local tamén informou da detención doutro individuo, neste caso, por vulnerar unha orde de afastamento que lle impedía estar na cidade de Lugo.

O home foi localizado nun banco da rúa Lamas de Prado e foi identificado por axentes da Policía Local, que comprobaron que tiña en vigor esa medida, que lle impide entrar na cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...