InicioSociedadeA Deputación de Lugo moderinzará o padrón nos 67 concellos da provincia

A Deputación de Lugo moderinzará o padrón nos 67 concellos da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Luns deu luz verde a sacar a licitación do contrato por un importe de 1.260.000 euros para iniciar o proxecto, ‘Xeopadrón’, para modernizar o padrón nos 67 concellos da provincia. Así o explicou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, que detallou que este proxecto é un paso máis cara ao proceso de transformación no que traballa a institución provincial, en colaboración cos concellos, mediante diferentes iniciativas que melloran a xestión administrativa e a prestación de servizos públicos.

O proxecto, que desenvolverán con fondos europeos, ten como obxectivo mellorar a calidade e a fiabilidade dos datos do padrón facendo posible a súa revisión e depuración mediante un novo sistema de xestión. A duración estimada do proxecto é de sete meses con compromiso de soporte e mantemento de seis meses tras a súa finalización, o que, segundo a Deputación, garantirá a sustentabilidade e a calidade dos resultados a longo prazo.

OUTROS ASUNTOS

Por outra banda, sacou adiante un investimento de máis de 1,37 millóns de euros para mellorar sete vía que atravesan oito concellos da provincia. Ademais, aprobaron a adxudicación directa de parcélaa número 11 do polígono industrial A Gándara, de Friol por un importe de 40.429,05 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...