InicioSociedadeLugo contará cun centro de atención integral á saúde mental na antiga...

Lugo contará cun centro de atención integral á saúde mental na antiga sede de Aspnais

O Concello de Lugo critica que non foi convidado á presentación "nunha demostración, unha máis de moitas, da falta de lealdade institucional".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O antigo edificio de Aspnais en Lugo pasará a ser un centro de atención integral á saúde mental, que xestionará o colectivo Alume, tal e como avanzou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, durante a presentación do anteproxecto. O Executivo galega ten previsto para esta nova dotación un investimento de 3,6 millóns de euros, que se destinará á reforma do edificio por completo e a adaptalo ao seu novo servizo.

As previsións que manexa a Consellería é que o edificio poida porse en marcha en 2027. O primeiro paso será a licitación da redacción do proxecto, que se fará no primeiro trimestre deste ano, segundo avanzou Fabiola García. O inmoble sobre o que se actuase sitúase nunha parcela de 9.000 metros cadrados e a edificación conta con tres plantas nas que se combinará un centro de día, un centro residencial, unha área social e diferentes zonas polivalentes de uso común. Terá unha capacidade de 80 prazas concertadas de atención residencial e diúrna. Isto implicará, ademais, o traslado e centralización de todas as actividades actuais da entidade social Alume nun único complexo, que a conselleira cualificou de “referencia en toda Galicia”.

Alume, a través do seu presidente, Manuel Fernández, agradeceu o investimento e a xestión realizada pola Xunta que permitirá “un aumento cuantitativo e cualitativo” dos servizos que presta este colectivo. Fabiola García aproveitou o acto para dar as grazas a Alume por “30 anos de traballo incansable en favor das persoas con problemas de saúde mental, promovendo a súa recuperación e inclusión sociolaboral para mellorar a calidade de vida dos usuarios”.

REACCIÓN MUNICIPAL

Pola súa banda, a portavoz do Goberno local, Ana González Abelleira, mostra a súa satisfacción: “Por que vemos cumprido o noso obxectivo de recuperar como equipamento sociosanitario a antiga sede de Aspnais. Unha necesidade pola que desde o Concello levamos anos pelexando, como así evidencian as numerosas reivindicacións que levamos feito á Xunta por este asunto nos últimos anos”.

Tamén critica que o Concello de Lugo non fose convidado á presentación “nunha demostración, unha máis de moitas, da falta de lealdade institucional que caracteriza a súa forma de gobernar”. Engade que a Xunta debe reformularse a súa forma de proceder “e entender que o mellor camiño para avanzar como sociedade é sumar o traballo de todos os axentes sociais e institucionais e, por tanto, de todas as administracións”.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...