InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo colaborará coa Fundación de Dano Cerebral en ampliar...

A Deputación de Lugo colaborará coa Fundación de Dano Cerebral en ampliar o seu centro residencial

A Deputación de Lugo destinará 135.000 euros á Fundación de Dano Cerebral para mellorar e ampliar o seu centro residencial, segundo informa tras a firma dun conenio entre o seu presidente, José Tomei, e o da entidade, Luís Abelleira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo destinará 135.000 euros á Fundación de Dano Cerebral para mellorar e ampliar o seu centro residencial, segundo informa tras a firma dun conenio entre o seu presidente, José Tomé, e o da entidade, Luís Abelleira. A firma foi no Pazo de San Marcos para colaborar cos gastos de reforma e ampliación do centro de atención a persoas con dano cerebral que a entidade xestiona nun espazo cedido pola Deputación en Castro de Rei.

Segundo explica Tomé, este investimento “reafirma o compromiso da Deputación de Lugo coas persoas máis vulnerables e co apoio ás entidades que traballan para mellorar a súa calidade de vida”. “Queremos garantir que este centro conte cunhas instalacións modernas e idóneas para ofrecer a mellor atención posible“, remarcou tamén.

O presidente provincial detallou que os fondos permitirán realizar a reparación exterior dos dous edificioes que conforman o centro, incluíndo a pasarela que os conecta mediante a instalación dun revestimento que garanta a súa impermeabilización, ademais do cambio de xanelas. As obras levarán a cabo ao longo das anualidades 2025, 2026 e 2027, cun custo estimado duns 208.498 euros, dos que a Deputación cubrirá en torno ao 65 por cento.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...