InicioPolíticaLuz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

, o Pleno da Deputación acordou esixir á Xunta un plan de transporte por estrada para a provincia de Lugo,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos correspondente a 2025, que eleva a súa dotación ata os 22 millóns de euros, e que se repartirá entre os 67 concellos seguindo “criterios obxectivos” como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial. O programa de investimentos saíu adiante grazas aos votos a favor de PSdeG e BNG, e a abstención do Partido Popular.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, valorou este acordo que lle permitirá aos 67 concellos da provincia desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda non Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil.

O Plan Deputación, detallou, dálle aos concellos “total autonomía para decidir en que queren investir, achegándolles unha cantidade que se destina seguindo criterios obxectivos, cuestión que non fan outros Gobernos”, dixo o mandatario provincial.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, defendeu que esta maneira de traballar “responde a unha maneira de gobernar, de entender a acción política desde as institucións, cunha forma de entender a xestión do público, do de todos, para que chegue a todos os municipios e veciños e veciñas da provincia“. “Nós practicamos a política de feitos, cunha repartición en base á transparencia e obxectividade”, engadiu, antes de aclarar que será cada concello o que priorice e decida, en función das súas necesidades, como e onde quere investir os fondos da Deputación.

García Porto reivindicou que, por quinto ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o plan no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais “planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo”.

Así mesmo, as bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 7 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que tamén permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.

PLAN DE TRANSPORTE

Por outra banda, o Pleno da Deputación acordou esixir á Xunta un plan de transporte por estrada para a provincia de Lugo, unha moción socialista aprobada cos votos a favor do PSdeG e BNG e a oposición do PP. “A Xunta ten que deixar de tirar balóns fóra, porse as pilas e comunicar ben por bus os nosos concellos“, dixo, antes do pleno, José Tomé.

A portavoz socialista do Goberno, Pilar García Porto, engadiu que o Estado prevé 40 millóns en axudas para que as comunidades autónomas asuman as rutas da súa competencia e reprochou que a Xunta, “en lugar de estar a pensar en como facer o mellor uso deste investimento non asume as súas competencias en mobilidade”.

AXUDAS A ASOCIACIÓNS

Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a concesión das subvencións convocadas pola institución provincial a través do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, por un importe total de 300.000 euros.

As achegas repartiranse entre 51 asociacións da provincia para a execución de obras destinadas a mellorar a calidade de vida dos veciños do rural, como a mellora de redes de abastecemento, viarios, locais sociais ou espazos públicos.

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...