InicioSucesosBuscan a un condutor fuxido en Lugo tras saírse da estrada e...

Buscan a un condutor fuxido en Lugo tras saírse da estrada e acabar encaixado contra un sinal

A Policía Local denuncia a un condutor por ameazas e ao seu acompañante por gravar co móbil aos axentes que interviñeron

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo busca a un condutor que se deu á fuga tras circular parcialmente sobre unha rotonda, saírse da vía e acabar co vehículo encaixado contra un sinal. Segundo o parte de incidencias do fin de semana que envía o Concello, ocorreu sobre as 6.00 da mañá do domingo, cando a sala do 092 recibiu o aviso dun accidente de circulación na Avenida Infanta Elena.

Así, enviouse ao lugar á Unidade de Ateigados e varios indicativos do Grupo Operativo Nocturno, que comprobaron que un turismo que circulaba cara ao centro da cidade, por motivos que se descoñecen, montou parcialmente a glorieta na que dita vía conflúe cun viario de acceso a unha residencia de maiores. Tras isto, o coche atravesou a beirarrúa contraria, meteuse nunha zona axardinada e chocou contra un sinal de indicación.

Cando chegaron os axentes, o coche non tiña a ninguén no seu interior, polo que a Policía Local iniciou as investigacións pertinentes para a súa localización.

DENUNCIAS POLA LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ


Así mesmo, a Policía Local denunciou o fin de semana a un condutor por supostas ameazas aos axentes e á parella do mesmo por gravar o ocorrido co móbil, tras negarse a identificarse. Sucedeu nunha das intervencións nas que o condutor deu positivo nun test de alcoholemia.

MALOS TRATOS FAMILIARES

Por outra banda, a Policía Local de Lugo iniciou unha investigación por supostos malos tratos no ámbito doméstico tras localizar o domingo, nunha vivenda en malas condicións, a un matrimonio de anciáns que estaba ao coidado dunha das súas fillas, quen supostamente os agredía e insultaba. Foron trasladados a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...