Home Lugo e contorna Lugo O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

0
O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño
Ponte medieval de Rábade, nas terras do Miño, refuxio da biodiversidade pola abundancia do bosque de ribeira | Turismo de Galicia

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais gratuítas organizadas pola institución na Reserva de Terras do Miño, cun límite de 170 persoas de todas as idades. Segundo informou a institución provincial, esta iniciativa consiste en 10 obradoiros que se desenvolverán de xaneiro a marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, co fin de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental entre os nenos e os adultos.A primeira actividade está programada para o 2 de xaneiro e está baseada en xogos ambientais para nenos maiores de catro anos. A partir de aquí, realizaranse diferentes proxectos ata final de marzo.

+ posts