InicioPolíticaO BNG reeditará as Asambleas Abertas para a nova candidatura por Lugo

O BNG reeditará as Asambleas Abertas para a nova candidatura por Lugo

Os nacionalistas queren incorporar distintas sensibilidades para formar un equipo «que represente ideas e sectores» – Apostan por incluír ao «maior porcentaxe de xente» nun proxecto «decidido» e «ilusionante»

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comeza o proceso de conformación da candidatura do Bloque Nacionalista Galego (BNG) para os comicios municipais de 2019. Para a tarefa, o consello local terá a colaboración do exvoceiro Antón Bao e tamén do antigo responsable local Álex Penas, dous coñecedores da vida municipal que coordinarán a escolla do novo equipo. A formación retomará o sistema de Asambleas Abertas para atopar ideas e persoas, co obxectivo de contar co cabeza de lista antes do comezo do verán. «Animamos tamén a quen non militou en partidos, mais si militou socialmente».

Apelando á militancia, a quenes apoiaron no pasado ao BNG, e tamén a quenes nunca entraron na vida política, a edil nacionalista Maite Ferreiro asegurou que procuran un equipo de traballo para que «Lugo funcione». O proceso comezará por atopar ó cabeza de cartel antes de verán, para logo retomar o total da candidatura. Escoitarán as propostas de afiliados e non afiliados, logo o consello local pronunciarase e finalmente a asamblea local ratificará aos candidatos. Antes de xuño a escolla terá que ser comunicada ao Consello Nacional.

Polo tanto, «dende xa» porase en mans da militancia o regulamento para que poidan achegar propostas e «recoller a sensibilidade» de quen «quere a Lugo». Dende o Bloque procuran a un candidato que non necesariamente ten que ter perfil político nin ser militante, pero que  ten que representar sectores ou ideas concretas, deberá aportar «responsabilidade» e demostrar a valía con «traballo sindical ou social». «Non buscamos estrelas –dixo Ferreiro– senón un equipo para gobernar».

O responsable local Lois Blanco, a concelleira Maite Ferreiro, Álex Penas e Antón Bao  | Óscar Bernárdez
O responsable local Lois Blanco, a concelleira Maite Ferreiro, Álex Penas e Antón Bao | Óscar Bernárdez

«O Bloque sabe gobernar para todo o mundo» defendeu Bao. «Temos un proxecto claro e decidido que aposta polo desenvolvemento e o benestar, que quere sacar proveito dos recursos de Lugo». Segundo salientou quen fora voceiro da formación, a coherencia e a consecuencia son os valores diferenciais dun BNG «que está onde sempre estivo, pero que foise renovando co tempo». En opinión de Penas existe «ilusión» por un proxecto «solvente, serio e de futuro» e proclamou que terán que ir «a por todas».

Analizando as vindeiras eleccións locais, dende o Bloque avisan de que serán «abertas» polo «fracaso dos partidos que defraudaron, os partidos sistémicos e os novos partidos, que naceron xa vellos». Deste xeito, a forza «referente» sería a nacionalista, porque «é necesario un relevo» para unha cidade «en declive» e que non avanzou baixo o goberno do Partido Socialista, e pola «ausencia do Partido Popular na Xunta e de proxectos para Lugo». Baixo as premisas dun proxecto «recoñecido e recoñecible», dende o BNG abogan pola «positividade» e por incluír «á maior porcentaxe de xente».

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...