InicioSociedadeXulgan a seis persoas que esnaquizaron un supermercado na rúa San Isidro...

Xulgan a seis persoas que esnaquizaron un supermercado na rúa San Isidro Labrador e agrediron a dúas persoas ao berro de “moros de merda”

Os procesados fracturaron os estantes e escaparates "tratando de procurar a maior desfeita do local comercial", mentres os vexaban con expresións como "moros de merda, mortos de fame, marchádevos ao voso país, ímosche a queimar a tenda".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 5, a seis persoas acusadas de esnaquizar un supermercado e agredir tanto ao propietario como a un empregado ao berro de “moros de merda”. Os feitos, recolle o escrito de acusación fiscal, sucederon sobre as 18.00 horras do 26 de febreiro de 2021, cando o grupo acudiu a un pequeno supermercado situado na rúa San Isidro Labrador, propiedade dun home de orixe marroquí e onde traballaba outro home de orixe palestina.

“Actuando todos eles movidos pola animadversión á súa raza e con ánimo de menoscabar a súa integridade física e moral así como a súa propiedade”, recolle o escrito, empregaron paus, patas de cabra e taboleiros de madeira para propinar golpes e empuxóns a ambos, á vez que arroxaban os produtos do supermercado, que chegaron a impactar na nai do propietario. Os procesados fracturaron os estantes e escaparates “tratando de procurar a maior desfeita do local comercial”, mentres os vexaban con expresións como “moros de merda, mortos de fame, marchádevos ao voso país, ímosche a queimar a tenda”.

Para o Ministerio Público, os feitos son constitutivos dun delito contra a dignidade das persoas por motivos discriminatorios, en concurso con dous delitos leves de lesións e un delito de danos. Por iso, pide para os procesados dous anos de multa e unha multa de 10.800 euros. Para un deles, estranxeiro, solicita que se lle conmute a pena por expulsión do país con prohibición de volver en seis anos. Ademais, o Fiscal solicita que indemnicen a un dos prexudicados con máis de 8.800 euros, a outro con 3.460 e á nai do propietario con 1.500 euros, así como que reintegren os gastos ao Sergas.

ÚLTIMAS

A Deputación acusa á Xunta de “atrasar” a protección da Torre de Caldaloba

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro,...

“Sempre estiven metido en comisións de festas e organizando eventos dende adolescente”, Daniel Veiga, ‘Plenario’

Daniel Veiga cóntanos que é da aldea de Vilaouruz, na Pontenova, aínda que é popularmente...

Presentación ao vivo de ‘Alvela’, novo disco de Faia, en Lugo

FAIA presentará ao vivo Alvela este 2 de maio en Lugo. A partir das 20.30...

Cortes de tráfico na ligazón entre a A-6 e a A-8 en Baamonte a partir do luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará a partir deste luns, 5 de...