InicioLugo e contornaDenunciado un condutor en Lugo por provocar un accidente e negarse a...

Denunciado un condutor en Lugo por provocar un accidente e negarse a realizar a proba de alcoholemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo denunciou a un condutor por provocar un accidente de circulación e negarse a realizar a proba de alcoholemia, segundo informa.

Os feitos producíronse, explica, na noite do pasado luns, día 28. Os axentes desprazáronse ás proximidades do campo de fútbol das Gándaras por un sinistro no que un vehículo que se atopaba estacionado, nunha praza reservada para persoas de mobilidade reducida e sen autorización, inicia a manobra de marcha atrás e golpea a outro coche estacionado á beira contrario da calzada.

O condutor, engade a Policía, “presentando signos evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas”, negouse a facilitar os seus datos e á realización das probas regulamentarias. Así, os efectivos instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria cunha pena de prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Este home foi denunciado tamén por presentar permiso de condución caducado, estacionar en zona reservada para persoas de mobilidade reducida carecendo de autorización, conducir sen a dilixencia suficiente para evitar dano propio ou alleo e non comunicar a súa identidade.

A Policía Local de Lugo tamén abriu expediente por un delito contra a seguridade viaria a outro condutor que deu positivo nas probas de detección de alcoholemia.

Ademais, o pasado martes, día 29, os axentes detectaron a cinco persoas ocupando espazo público para a venda ambulante, carecendo de autorización, durante a celebración dun mercadillo semanal. Os mesmos foron identificados e para cada un deles propúxose unha sanción de 600 euros.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...