InicioLugo e contornaLugoO servizo de orientación laboral do Concello de Lugo atendeu a 300...

O servizo de orientación laboral do Concello de Lugo atendeu a 300 persoas no último ano

Case o 60% das persoas atendidas eran mulleres

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo de orientación laboral do Concello de Lugo atendeu a 300 persoas no último ano, as 59% mulleres, axudando á súa inserción no mercado de traballo.

Así o subliñou o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, que detallou que desde a reactivación do servizo, en setembro de 2019, asesoraron a máis de 3.000 persoas desempregadas para realizar entrevistas e itinerarios personalizados de inserción laboral.

“A pesar de non ter as competencias directas neste ámbito, xa que son autonómicas, Espazo Lab é un referente para a orientación laboral no municipio, avalado polo número de persoas que solicita, acoden e demandan este servizo”, explicou o concelleiro.

De todas as persoas atendidas no último ano, segundo explicou, o 59% foron mulleres e os 41% homes. Ademais, o 21% foron persoas menores de 30 anos. En total, realizaron máis de 500 entrevistas e itinerarios personalizados de inserción.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O orzamento do Concello de Lugo destina nove millóns de euros a investimentos

O Goberno municipal de Lugo, por medio da alcaldesa socialista, Paula Alvarellos, e o...

Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

'Vos Andares' é unha serie de viaxes sonoras creada por artistas de diferentes ámbitos...

Lugo Monumental denuncia ante a Valedora a venda de falsificacións nos postos de San Froilán

A asociación Lugo Monumental levou ante a Valedora do Pobo a venda de produtos...