InicioPolíticaO BNG reclama ao Goberno que as obras da A-6 se executen...

O BNG reclama ao Goberno que as obras da A-6 se executen por tramos para reducir o impacto na mobilidade dos veciños de Baralla e Becerreá

A situación viuse "agravada" polo inicio dos traballos de rehabilitación na estrada autonómica LU-710. Néstor Rego censura a "nula planificación e coordinación" entre as administracións implicadas en ambas obras, é dicir, a Xunta e o Goberno central, ás que urxe a adoptar medidas para reducir os problemas de mobilidade na zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG reclamou ao Goberno que execute as obras da autovía A-6 por tramos para reducir o impacto na mobilidade dos veciños dos municipios lugueses de Baralla e Becerreá. Este luns, o deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego visitou Baralla para reunirse con afectados as obras de rehabilitación da autovía xunto á parlamentaria autonómica Montse Valcárcel.

Alí, Rego recolleu as queixas veciñais sobre o impacto das “moi necesarias” obras de reparación do firme pero que considera que están a ser mal xestionadas pola Admininstración central.“O Goberno comezou as obras sen previo aviso e pechando un gran tramo da estrada canalizando a circulación en dobre sentido pola plataforma de dirección Madrid-A Coruña”, aseverou Rego, que apuntou que a situación se viu “agravada” polo inicio dos traballos de rehabilitación na estrada autonómica LU-710.

O Bloque censura a “nula planificación e coordinación” entre as administracións implicadas nestas obras, é dicir, a Xunta e o Goberno central, ás que urxe a adoptar medidas para reducir os problemas de mobilidade na zona. “A zona afectada permite a realización das obras por tramos, mediante a interconexión e intercambio de calzada para a súa utilización en dobre sentido”, defendeu Rego.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...