InicioMovementos sociaisA fronte pola convivencia coa fauna silvestre amplíase dende Lugo

A fronte pola convivencia coa fauna silvestre amplíase dende Lugo

Un novo movemento a prol da convivencia coa fauna silvestre integra a varios colectivos preexistentes en resposta á confusa xestión do xabaril

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Galega pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre xorde da necesidade de abordar doutro xeito a convivencia coa fauna silvestre. De normalizar, concienciar e informar nun contexto de “falla de transparencia e confusión”. A alianza integra a Adega, Anonymous For The Voiceless, Equo Galicia, Lugo Animal Save e persoas particulares, co gallo de favorecer a participación e profundar na causa contra a desinformación e a discriminación dos núcleos do rival.

Así, a estrea da Plataforma aspira a limitar as “mensaxes imprudentes e sensacionalistas” que unicamente “xeran alarma entre a opinión pública, e que contribúen a sesgar a realidade e a percepción social sobre as especies silvestres”. Entende a entente animalista que os anuncios das administracións ao respecto do xabaril forman parte dunha campaña de desinformación.

Outro dos obxectivos primordiais da Plataforma é volver a centrar a discusión pública na realidade de Lugo, “cidade de carácter e contorna profundamente rural”. Seguindo este plantexamento, consideran que o “achegamento puntual de xabarís e doutra fauna silvestre á cidade de Lugo non debe entenderse ou presentarse como un feito inusual”.

Contra o dirixismo da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, en conivencia coa Federación Provincial de Caza, dende a renovada fronte animalista esixen “unha análise rigurosa”. Isto inclúe a “persoas expertas” sobre a convivencia con animais silvestres, institucións científicas –Escola Politécnica Superior, Facultade de Veterinaria, Fundación Rof Codina, etcétera– e de “colectivos de carácter ecoloxista, animalista, sindical e veciñal”.

En definitiva, a Plataforma Galega pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre érguese como mecanismo de presión ante as institucións públicas, das que esixen a promoción de estudos científicos e a implantación de ferramentas éticas, e non letais, para a xestión da fauna silvestre.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...