InicioSociedadeCondenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade...

Condenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade por traficar con drogas

Ademais, deberá pagar unha multa de 15.695 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Lugo condenou ao rexente dun bar da capital a catro anos de prisión por un delito contra a saúde pública, por dedicarse ao tráfico de droga. Ademais, deberá pagar unha multa de 15.695 euros. Segundo o fallo, ditado o pasado 6 de setembro e contra o cal aínda cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os maxistrados da audiencia consideran probado que o home entregaba as sustancias estupefacientes no seu establecemento.

Tal e como consta na sentenza, tras meses de investigacións, desde outubro de 2021 estableceuse un dispositivo policial de vixilancia no bar no que se puideron confirmar “habituais contactos do acusado con consumidores que acudían para proverse de cocaína”. Así, no fallo figura que se realizaron varias entregas de sustancias en días alternos ata que, o 27 de xaneiro de 2022, os axentes, “coa súa autorización”, accederon ao local e realizaron un rexistro no que se incautaron distintas cantidades de cocaína, pastillas de amipicilina, unha báscula, tres móbiles e un patinete eléctrico, efectos adquiridos co diñeiro gañado de maneira ilícita.

Ademais, no momento no que foi detido, o acusado levaba no peto do pantalón 50 euros procedentes desta venda e outros dous móbiles. Posteriormente, foi trasladado ao seu domicilio e, tamén co seu consentimento, realizouse un rexistro no cal entregou voluntariamente unha bolsa de cocaína, dous móbiles, un muíño de café e unhas tesoiras con restos desta sustancia.

ÚLTIMAS

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...

A 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado en Lugo por exceso de velocidade

A Garda Civil investiga ao condutor dunha moto, de 45 anos de idade, por...

Morre un motorista tras chocar contra o peche dunha leira en Castro de Rei

Un motorista de 66 anos, JMCF, faleceu este mércores ao sufrir unha saída de...

Lugo medirá o ruído ambiente en tempo real durante o San Froilán

A xunta de goberno do Concello de Lugo autorizou este mércores a adquisición dun...