InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo mostran "total rexeitamento" á planta de biometano de...

A alcaldesa de Lugo mostran “total rexeitamento” á planta de biometano de Coeses

Paula Alvarellos alertou de que o citado proxecto industrial "danará irremediablemente" unha zona situada a menos de 1,5 quilómetros de distancia do curso do río Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, trasladou este xoves o seu apoio á plataforma cidadá ‘Lugo… non quere cheiros’, constituída para paralizar o proxecto de instalación dunha planta de biometano na parroquia de Coeses, nos arredores da capital, e manifestou o seu “total rexeitamento” a unha iniciativa industrial que, subliñou, provocaría unha “afectación moi importante” ao “medioambiente” e ao “patrimonio cultural”.

A rexedora lucense fixo pública a súa postura ao termo dunha reunión mantida este xoves en Lugo con máis de 60 integrantes da citada plataforma veciñal, que leva tempo denunciando que a instalación da planta de xestión de residuos orgánicos e biometanización emitirá gases prexudiciais para a saúde, danará espazos naturais protexidos, contaminará os acuíferos e provocará uns cheiros, deducidos da descarga de “25 camións diarios de entrañas animais, peces e restos lácteos”, que afectarán a toda a cidade.

“Hai moitos argumentos para defendernos como Administración e como veciñas e veciños. Lugo está a tentar situarse como unha cidade de turismo sustentable, verde e ecolóxica e esta planta non só afectará á potencialidade do medio rural, senón tamén ao patrimonio cultural porque as obras se farán na contorna de protección de elementos catalogados como a mámoa de Barracón ou o xacemento de Trigás”, indicou Alvarellos.

A alcaldesa, que tamén adiantou que o Goberno local será “especialmente rigoroso na tramitación que lle compete” e que esixirá á Xunta de Galicia “a mesma minuciosidade mostrada con outros proxectos municipais”, lembrou que aínda que o Concello carece de competencias en materia de augas, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil xa emitiu no seu día “un informe desfavorable” á mantenta do impacto do proxecto nos acuíferos.

Paula Alvarellos, que fixo un chamamento á cidadanía a secundar a manifestación de protesta convocada pola plataforma para o próximo 27 de setembro, concluíu a súa intervención alertando de que o citado proxecto industrial “danará irremediablemente” unha zona situada a menos de 1,5 quilómetros de distancia do curso do río Miño, que linda precisamente coa Reserva da Biosfera Terras do Miño.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...