InicioSucesosIdentifican os autores do roubo nunha empresa de distribución do Corgo, en...

Identifican os autores do roubo nunha empresa de distribución do Corgo, en prisión por outros atracos

.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil identificou aos presuntos autores dun atraco perpetrado no interior dun hipercash situado no termo municipal do Corgo, segundo informa.

Os feitos delituosos tiveron lugar no mes de outubro do ano 2021 cando dúas persoas accederon, co rostro cuberto e provistas de armas brancas, ao interior do establecemento. Fixérono ameazando ás empregadas que se atopaban na citada empresa e apoderándose de 1.800 euros do interior das caixas rexistradoras.

No marco da investigación policial, localizouse unha das pezas utilizadas polos atracadores, da que se puido extraer ADN para a identificación dos implicados. Os atracadores atópanse actualmente cumprindo condena en centro penal como autores dunha onda de atracos en entidades bancarias e establecementos comerciais situados nas provincias de Lugo e A Coruña. A operación policial estivo coordinada polo Xulgado de Instrución número 3 de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...