InicioLugo e contornaLugoO PP lucense pide á alcaldesa a súa adhesión ao VioGén

O PP lucense pide á alcaldesa a súa adhesión ao VioGén

Solicita á Executivo "dilixencia" na tramitación dos fondos da Xunta e un "proxecto máis ambicioso" para a protección das mulleres

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP de Lugo demandou este xoves ao Goberno local a adhesión da cidade ao Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero (VioGén) e “dilixencia” á hora de xestionar a partida de 365.000 euros entregada pola Xunta de Galicia para a reforma das vivendas de acollida municipais destinadas a mulleres vítimas de violencia e as súas familias.

Nunha rolda de prensa convocada no local do grupo na Casa Consistorial, a concelleira popular, Aurora Goás, acusou ao Executivo encabezado pola socialista Paula Alvarellos de “facer propaganda en redes” e presentar despois “diferentes escusas” para non tramitar a súa adhesión ao sistema.

“Desde 2019 presentamos diferentes peticións en plenos para que Lugo se integre na rede de cidades contra a violencia de xénero e que tamén se inclúa no programa VioGén, pero non hai maneira”, manifestou a edila popular, para acto seguido facer fincapé no feito de que Lugo “é a única das grandes cidades galegas que non se atopa adherida” ao citado programa.

Tamén aproveitou Aurora Goás a súa comparecencia este xoves ante os medios para esixir “axilidade” ao Goberno local na tramitación dos fondos entregados pola Xunta para garantir, precisou, que levan a cabo as reformas comprometidas. Unhas reformas que, suxeriu a concelleira, poderían ser de maior envergadura se o Executivo municipal quixese pór en marcha “un proxecto máis ambicioso” para a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

“Chámanos a atención que a Xunta lles dea a oportunidade de poder pedir 500.000 euros e que fagan un proxecto por 365.000”, matizou Goás, antes de afear ao bipartito a súa “falta de imaxinación ou de ideas” para utilizar os fondos ofertados.  “Queremos facer algo máis polas mulleres vítimas de violencia de xénero que uns minutos de silencio. Con iso non facemos nada, temos que pornos en marcha e defendelas. O programa VioGén é un programa importante, un programa que salva vidas”, asegurou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...