InicioSucesosInvestigado un veciño de Lugo por deixar un can sen comida nin...

Investigado un veciño de Lugo por deixar un can sen comida nin bebida na terraza dunha vivenda

A investigación, na que colaborou a Consellería de Medio Ambiente, finalizou coa cesión voluntaria do animal e o seu posterior ingreso no hospital veterinario Rof Codina para valoración

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo, de 56 anos, como presunto autor dun delito de abandono animal tras deixar ao seu can nunha terraza dunha vivenda sen comida nin bebida.

Segundo informou o Instituto Armado, o home supostamente abandonou na terraza dun piso, que tiña en réxime de arrendamento, a un can de raza Rottweiler.

A investigación, na que colaborou a Consellería de Medio Ambiente, finalizou coa cesión voluntaria do animal e o seu posterior ingreso no hospital veterinario Rof Codina para valoración.

Posteriormente, entregárono á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, onde permanece a disposición xudicial. Os axentes instruíron as dilixencias oportunas que serán entregadas de Xulgado de Instrución de garda de Lugo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...