Home Lugo e contorna Lugo Investigado un veciño de Lugo por deixar un can sen comida nin bebida na terraza dunha vivenda

Investigado un veciño de Lugo por deixar un can sen comida nin bebida na terraza dunha vivenda

0
Investigado un veciño de Lugo por deixar un can sen comida nin bebida na terraza dunha vivenda
O can abandonado en Lugo. GARDA CIVIL

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo, de 56 anos, como presunto autor dun delito de abandono animal tras deixar ao seu can nunha terraza dunha vivenda sen comida nin bebida.

Segundo informou o Instituto Armado, o home supostamente abandonou na terraza dun piso, que tiña en réxime de arrendamento, a un can de raza Rottweiler.

A investigación, na que colaborou a Consellería de Medio Ambiente, finalizou coa cesión voluntaria do animal e o seu posterior ingreso no hospital veterinario Rof Codina para valoración.

Posteriormente, entregárono á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, onde permanece a disposición xudicial. Os axentes instruíron as dilixencias oportunas que serán entregadas de Xulgado de Instrución de garda de Lugo.

+ posts