Home Lugo e contorna Lugo Interceptan en Lugo a un condutor que cuadriplicaba a taxa máxima permitida de alcol

Interceptan en Lugo a un condutor que cuadriplicaba a taxa máxima permitida de alcol

0
Interceptan en Lugo a un condutor que cuadriplicaba a taxa máxima permitida de alcol
Probas de alcol en sangue realizado cun alcolímetro / Garda Civil

Efectivos da Policía Local de Lugo interceptaron a pasada noite a un condutor que circulaba de forma irregular que cuadriplicaba a taxa máxima de alcol permitida.

En concreto, o home foi localizado na Rúa do Freixo, onde os axentes lle deron o alto para someterlle a probas de alcoholemia, dado que detectaron nel signos de embriaguez. O condutor arroxou un resultado positivo de 1,02 mg/l, isto é, catro veces a taxa máxima permitida, polo que se instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

No marco do mesmo operativo nocturno, os axentes identificaron a outros dous condutores ebrios na Ronda das Fontiñas e a outro na Rolda da Muralla, así como a dous condutores positivos por droga –THC e anfetaminas–.

+ posts