InicioLugo e contornaLugoInterceptan en Lugo a un condutor que cuadriplicaba a taxa máxima permitida...

Interceptan en Lugo a un condutor que cuadriplicaba a taxa máxima permitida de alcol

Efectivos da Policía Local de Lugo interceptaron a pasada noite a un condutor que circulaba de forma irregular que cuadriplicaba a taxa máxima de alcol permitida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Local de Lugo interceptaron a pasada noite a un condutor que circulaba de forma irregular que cuadriplicaba a taxa máxima de alcol permitida.

En concreto, o home foi localizado na Rúa do Freixo, onde os axentes lle deron o alto para someterlle a probas de alcoholemia, dado que detectaron nel signos de embriaguez. O condutor arroxou un resultado positivo de 1,02 mg/l, isto é, catro veces a taxa máxima permitida, polo que se instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

No marco do mesmo operativo nocturno, os axentes identificaron a outros dous condutores ebrios na Ronda das Fontiñas e a outro na Rolda da Muralla, así como a dous condutores positivos por droga –THC e anfetaminas–.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...