Home Lugo e contorna Lugo Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

0
Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa
Cables de cobre roubados atopados no interior dun vehículo / Policía

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre no recinto dunha empresa do polígono industrial Castro Ribeiras de Lea. Ambos os autores, informou o corpo, contan con antecedentes por feitos similares e, tras a detención de ambos, dáse por pechada a operación policial. As dilixencias policiais foron remitidas ao titular do Xulgado de garda de Lugo, que decretou a súa posta en liberdade coa obrigación de comparecer cando sexan citados polo Xulgado.

+ posts