InicioLugo e contornaLugoDetidas tres persoas en Lugo con 300 doses de estupefacientes

Detidas tres persoas en Lugo con 300 doses de estupefacientes

A Policía Nacional detivo a tres homes en Lugo acusados dun delito de tráfico de drogas tras intervirlles máis de 300 dose de sustancias estupefacientes e diñeiro en metálico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a tres homes en Lugo acusados dun delito de tráfico de drogas tras intervirlles máis de 300 dose de sustancias estupefacientes e diñeiro en metálico. Tal e como informou a Policía, os feitos sucederon nos barrios de Paradai e de Feijoo, na capital lucense.

Unha vez que os axentes coñeceron a actividade ilícita do principal implicado, iniciaron unha investigación para concretar o modus operandi na distribución e as zonas de influencia. Deste xeito, comprobaron que se trataba dun grupo criminal no que un deles transportaba a droga a Lugo para ser distribuída e vendida polos outros dous detidos. O traslado da mercadoría realizábase nun vehículo e a súa custodia e venda nun domicilio diferente ao que empregaba para a súa vida diaria.

Así, froito destas detencións e dos posteriores rexistros domiciliarios, a Policía interveu diferentes útiles para a manipulación das sustancias estupefacientes, así como unhas 300 doses de cocaína, haxix e heroína, ademais dunha importante cantidade de diñeiro en metálico.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...