InicioLugo e contornaLugoO Concello adianta dúas horas o peche das discotecas, ás 4,00 horas

O Concello adianta dúas horas o peche das discotecas, ás 4,00 horas

O goberno municipal de Lugo adiantou dúas horas, das 6,00 ás 4,00 horas, o peche dos locais con licenza de discoteca localizados en áreas residenciais ou saturadas da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno municipal de Lugo adiantou dúas horas, das 6,00 ás 4,00 horas, o peche dos locais con licenza de discoteca localizados en áreas residenciais ou saturadas da cidade.

Nun comunicado, a rexedora, a socialista Paula Alvarellos, sinalou que para o goberno municipal é “fundamental” conciliar o lecer nocturno co lexítimo dereito ao descanso dos veciños. “O obxectivo desta decisión é corrixir as perturbacións da convivencia derivadas desta actividade”, sinala.

Asimiso, noutro comunicado, o tenente de alcalde a cidade, o nacionalista Rubén Aroxo, explicou que a medida xorde por mor das numerosas denuncias veciñais derivadas do funcionamento da actividade de discoteca en zonas residenciais da cidade.

Ante iso, sinalou que se considerou oportuno acordar unha redución do horario xeral de peche desta categoría de establecementos “co fin de conciliar o lecer nocturno co dereito a descanso dos residentes”.

Segundo indicou, as causas de redución do horario son a localización dos establecementos en áreas e zonas de alta concentración dos mesmos, delimitadas con zonas residenciais, ambientais protexidas ou saturadas, nas que a actividade que se desenvolve impide o correcto descanso dos veciños.

Por iso, esta modificación non afectará as discotecas situadas fose das zonas de residencia, como as localizadas nos polígonos industriais, que poderán continuar co peche ás 6,00 horas. O decreto ofrece un marco legal para que as forzas de seguridade poidan actuar en caso de incumprimento do novo horario de peche por parte dos establecementos.

‘ESCOBA DE PLATINO’

Por outra banda, o Consistorio informou de que a renovación do servizo de recollida RSU, limpeza viaria e xestión do punto limpo impulsada polo goberno local foi recoñecida coa Escoba de Platino. A entrega do galardón terá lugar no IFEMA de Madrid, dentro das actividades da Feira Internacional TECMA, de urbanismo e medio ambiente.

O Concello destacou que este premio sitúa a Lugo entre as cidades máis limpas, con mellores prácticas de reciclaxe e mellor xestión de residuos.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...