InicioSucesosDesarticulado desde Lugo un grupo especializado en roubos con forza, con 15...

Desarticulado desde Lugo un grupo especializado en roubos con forza, con 15 detencións

Os detidos eran de países do leste con formación militar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo, en coordinación coa Xendarmería francesa e con EUROPOL, levou a cabo unha investigación, no marco da chamada Operación Carbig, que permitiu desarticular un grupo organizado dedicado aos roubos con forza en establecementos comerciais, casino, vivendas ou locais de aposta, e que culminou coa detención de 15 persoas na provincia de Tarragona.

As investigacións iniciáronse a principios de 2023, cando a Garda Civil tivo coñecemento de varios roubos cometidos na provincia de Lugo. Tras meses de pescudas, os axentes puideron localizar aos presuntos responsables destes e outros roubos, cidadáns de países do leste de Europa, na provincia de Tarragona, onde foron detidos.

A Garda Civil atribúelles máis de medio centenar de roubos en diferentes provincias españolas, e no sur de Francia, cometidos en establecementos comerciais, vivendas, casinos e locais de apostas. Entre eses roubos, hai varios na provincia de Lugo e tamén na localidade pontevedresa de Tomiño. Segundo informaron fontes policiais, este grupo criminal actuaba como un comando itinerante, utilizando como ‘bases’ as localidades de Madrid e Tarragona. Desde alí desprazábanse por todo o territorio español buscando obxectivos.

As mesmas fontes sinalaron que se trata dun “grupo moi violento”, equipado con ferramentas contundentes que lles permitían forzar portas, xanelas e mesmo practicar butróns. Ademais, dominaban técnicas militares para tratar de eludir os sistemas de alarma, facer vixilancias dos obxectivos e estudar as posibles vías de escape.

BANDA ESPECIALIZADA E CON FORMACIÓN MILITAR

Os delincuentes buscaban, preferentemente, lugares onde sabían que poderían atopar grandes cantidades de diñeiro en efectivo. No caso das vivendas asaltadas, case todas en Cataluña, subtraían ferramentas e maquinaria de xardín, que ocultaban logo en ‘gardarías’ e aos que podían dar unha rápida saída no mercado negro.

Os detidos actuaban ocultando o seu rostro con gorros, carapuchas e pasamontañas, e levaban luvas, adoptando numerosas medidas de seguridade pare non ser identificados. Ademais, habitualmente cometían os asaltos utilizando un coche roubado, e facían os desprazamentos a última hora da tarde, cometendo os roubos de madrugada e regresando ás súas bases polas mañás.

No grupo, cada compentente tiña unhas funcións asignadas (vixilancia, roubo dos coches, asalto aos establecementos, etc.). A operación policial levouse a cabo en diferentes provincias españolas, fundamentalmente Tarragona, Barcelona, Madrid, Alacante e Lugo, ademais da actuación da Gendarmería ao sur de Francia. Os investigadores estiman que o diñeiro e o material subtraído, así como os danos causados en vivendas e locais, poderían alcanzar os 400.000 euros, sen contar o subtraído en casinos franceses.

A actuación estivo dirixida desde o xulgado de primeira instancia e instrución 1 de Sarria (Lugo) e polas autoridades francesas, a través do Tribunal de Xustiza de Bordeus, coordinado por EUROJUST e con apoio de Europol e Mossos de Esquadra. A investigación segue aberta e non se descartan máis detencións.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...