InicioLugo e contornaLugoUn total de 19 concellos ofrecerán facer por videochamada a declaración para...

Un total de 19 concellos ofrecerán facer por videochamada a declaración para maiores de 65

Xa poden solicitar a súa cita.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou este martes de que os 13.750 veciños dos 19 concellos adheridos ao novo programa da Axencia Tributaria para realizar a declaración da renda por videollamada a maiores de 65 anos xa poden solicitar a súa cita.

Isabel Rodríguez subliñou a vontade do Goberno para “achegar a Administración Xeral do Estado aos cidadáns, facilitando e prestando axuda ás persoas maiores nas súas xestións de modo presencial”. Ademais, explicou que este novo servizo súmase aos existentes, como a ‘Administración preto de ti’ ou o programa de carteiros rurais, ambos coa finalidade de que os veciños do rural, sobre todo a de maior idade, coñeza e teña a posibilidade de realizar trámites desde a súa localidade.

Os concellos lucenses que prestarán este servizo a partir do próximo 7 de maio son Abadín, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Begonte, Carballedo, Láncara, Navia de Suarna, O Incio, O Vicedo, Pantón, A Pobra do Brollón, Pol, Riotorto, Samos, Sober, Trabada e Xermade.

A cita para o servizo de confección de declaracións por videollamada poderá solicitarse a partir do 29 de abril, comezando o servizo como tal o 7 de maio. As peticións de cita poderán facerse nas respectivas casas consistoriais e a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, xunto co resto de servizos de asesoramento que ofrece.

No momento en que un veciño solicite cita para facer a declaración da renda, ofreceráselles facela a través de videollamada. Coa cita xa na man, tan só terán que achegarse ao concello para ser atendidos por persoal da Axencia Tributaria. Na mesma videollamada xa poderá deixar presentada a súa declaración.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...