InicioEconomíaAsinadas as novas táboas salariais da hostalaría, con subidas dun 3 e...

Asinadas as novas táboas salariais da hostalaría, con subidas dun 3 e un 5,66%

CCOO sinala que, unha vez se publíquen no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, serán de aplicación obrigatoria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Servizos de CCOO acaba de asinar coa patronal do sector as novas táboas salariais do convenio provincial de hostalaría de Lugo, “que recolle importantes subidas económicas e o pago de atrasos”. O sindicato destaca, ademais, que o incremento económico é superior ao que recollía o convenio colectivo para evitar “distorsións derivadas do novo salario mínimo (SMI)”.

CCOO explica que no 2023 “foi necesario incrementar moitos dos salarios deste convenio para adecuarse á subida do salario mínimo interprofesional, para evitar que quedasen por baixo do fixado legalmente”.

“Deste xeito, as categorías máis baixas, ao equipararse ao SMI, igualaron as que estaban por riba e, por tanto, e de acordo con todas as partes asinantes, aprobáronse subidas superiores ao establecido no convenio para poder manter a diferenza salarial entre as categorías inferiores e as superiores“.

“Deste xeito, as táboas asinadas por CCOO supoñen para 2024 entre un 3% e un 5,66% máis que o ano pasado, en función de cada categoría profesional”, apunta. Por último, CCOO sinala que, unha vez se publíquen as novas táboas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, serán de aplicación obrigatoria. Así mesmo, as empresas que non o fixesen xa voluntariamente deberán pagar os atrasos con efectos desde o 1 de xaneiro deste ano.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...