Home Lugo e contorna Lugo Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

0
Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019
Cristina Pérez Herráiz, voceira de Lugonovo, durante o debate sobre a creación da oficina de asesoramento a propietarios afectados pola ocupación ilegal | Óscar Bernárdez

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia dunha enfermidade. 

Pérez Herraiz, irmá da exdiputada do PSOE no Congreso Margarita Pérez Herráiz, foi edil pola formación Lugonovo no mandato que transcorreu entre o ano 2015 e 2019. Ese mesmo ano, ocupou a cabeza de lista por En Marea ás eleccións xerais pola provincia de Lugo.

O Concello de Lugo manifestou o seu pesar pola morte da exconcelleira nas súas redes sociais. “Grazas Cristina polo tempo dedicado a facer un Lugo mellor e un forte abrazo a familiares e amigos”, publicou en ‘X’ a conta oficial do consistorio lugués.

+ posts