InicioLugo e contornaLugoCandia celebra que haxa dous conselleiros da provincia de Lugo á fronte...

Candia celebra que haxa dous conselleiros da provincia de Lugo á fronte de Mar e Medio Rural

En referencia a Alfonso Villares e María José Gómez, por tratarse de dúas áreas que supoñen o "motor da economía da provincia, pero tamén de Galicia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, celebrou que haxa dúas persoas da provincia á fronte das consellerías de Mar e Medio Rural, en referencia a Alfonso Villares e María José Gómez, por tratarse de dúas áreas que supoñen o “motor da economía da provincia, pero tamén de Galicia”.

En declaracións aos medios, a tamén vicepresidenta do Parlamento de Galicia destacou que estas áreas están “en boas mans”. “Ambos veñen do municipalismo, coñecen a importancia dunha xestión eficaz e teñen experiencia en traballar con proximidade e humildade”, sinalou.

Elena Candia sostivo que “Lugo nunca dixo que ía dar ningunha loita personalista”, pero sostivo que “hoxe celebra” con toda Galicia que “dúas grandes persoas e mellores políticos” vaian estar á fronte de dúas áreas importantes.

Ademais, preguntada pola decisión do titular da Xunta, Alfonso Rueda, de suprimir as vicepresidencias no seu novo Executivo, subliñou que “o presidente ten autonomía e o referendo de todos os galegos para tomar as decisións que considere”. “E Lugo e eu persoalmente ímolo a apoiar”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...