InicioLugo e contornaLugoPiden oito anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente...

Piden oito anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a súa parella

O caso xulgarase na sección 2ª da Audiencia Provincial de Lugo o vindeiro mércores, día 10.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Piden oito anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente á súa parella en Lugo en marzo de 2022. O caso xulgarase na sección 2ª da Audiencia Provincial de Lugo o vindeiro mércores, día 10, despois de que en xaneiro tivese que ser suspendido pola imposibilidade de comparecer da denunciante.

Segundo recolle o escrito de cualificación do Ministerio Fiscal, o procesado penetrou vaginalmente á súa parella cando esta estaba a durmir, afectada o alcol e “aproveitando a súa falta de consciencia”. Nese momento, ela espertou e conseguiu apartalo dun empuxón.

A Fiscalía considera que estes feitos supoñen un delito de agresión sexual, polo que piden unha pena de oito anos de cárcere e a prohibición de achegarse á muller, ao seu domicilio, lugar de traballo ou estudos, e de comunicarse con ela durante 15 anos.

Ademais, impoñen a liberdade vixiada durante sete anos e o pago das costas. En canto a responsabilidade civil, o procesado deberá indemnizar á vítima con 15.000 euros polos danos morais causados.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...