InicioLugo e contornaUn xulgado fai firme a sentenza que obriga a unha residencia de...

Un xulgado fai firme a sentenza que obriga a unha residencia de Vilalba a readmitir a unha empregada que reclamou melloras

Obriga a Fundación Hospital Asilo a indemnizar con 7.501 euros por danos morais á empregada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do Social número 1 Lugo fixo firme a sentenza que obriga á Fundación Hospital Asilo de Vilalba a readmitir a unha empregada que denunciara irregularidades no funcionamento da residencia. 

O fallo, emitido o 18 de marzo e que foi comunicado este venres polo Sindicato Labrego Galego, ratifica o fallo en primeira instancia do pasado mes de novembro que declarou nulo o despedimento desta empregada, que deberá ser indemnizada con 7.501 euros por danos morais e recoñece o seu dereito a percibir os salarios que deixou de percibir. Na súa sentenza, o xulgado considera acreditado que a fundación que xestiona a residencia onde traballaba a empregada vulnerou os dereitos fundamentais da empregada.

As reivindicacións do persoal da residencia de maiores xestionada pola Fundación Hospital Asilo de Vilalba para denunciar a alta carga de traballo das profesionais e as súas precarias condicións laborais comezaron en 2021.

Co paso dos meses, as demandas transformáronse en concentracións apoiadas polos sindicatos e nas que participou de maneira activa a traballadora despedida, que agora deberá ser readmitida.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...