InicioLugo e contornaLugoMáis de 10.000 quilos de lixo en Fingoi tras a Carballeira universitaria

Máis de 10.000 quilos de lixo en Fingoi tras a Carballeira universitaria

Unha alta porcentaxe dos residuos, na súa maioría bricks, plásticos e vidros, foron extraídos da zona verde e da súa contorna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dispositivo especial de limpeza organizado polo do Concello de Lugo con motivo da celebración universitaria da Carballeira recolleu máis de 10.690 quilos de lixo en Fingoi. Segundo informou o concello, unha alta porcentaxe dos residuos, na súa maioría bricks, plásticos e vidros, foron extraídos da zona verde e da súa contorna.

Isto a pesar que, de forma previa á celebración, retiráronse todas as papeleiras da Carballeira e da súa contorna, a fin de evitar actos vandálicos, e colocáronse colectores de 800 litros de capacidade para que os asistentes puidesen depositar neles os residuos xerados e ser logo utilizados para recoller o lixo, tal e como explicou Miguel Fernández, edil de Transición Ecolóxica.

Deste xeito, recolléronse 7.380 quilos de vidro, 1.350 quilos de envases lixeiros, 580 quilos de fracción de resto e 1.380 quilos de residuos recolleitos polas máquinas de limpeza viaria. “A experiencia das pasadas edicións permitiunos desenvolver as tarefas de limpeza cunha maior efectividade e antes de comece a actividade matinal neste parque, evitando así afeccións para os veciños”, dixo o edil.

Fernández incidiu en que a cantidade de residuo é menor que noutras edicións “como consecuencia dun maior pero insuficiente concienciación dos mozos”. Neste sentido, o edil considera que é necesario que “as novas xeracións adapten esta histórica celebración aos estándares actuais de conservación e respecto polo medio ambiente”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...