InicioLugo e contornaLugoA Audiencia Provincial reabre a causa polas ameazas de morte contra Rubén...

A Audiencia Provincial reabre a causa polas ameazas de morte contra Rubén Arroxo

Os feitos tiveron lugar no verán de 2022.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo reabriu a causa relativa ás ameazas de morte recibidas polo tenente de alcaldesa e portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo.

O caso fora arquivado polo xulgado de primeira instancia pero a Audencia Provincial estimou o recurso do denunciante e reabriu o procedemento.

Segundo lembraron fontes consultadas por Europa Press, os feitos tiveron lugar no verán do 2022 cando un veciño da cidade proferiu ameazas de morte a través da rede social Facebook, unhas mensaxes que, conforme apuntaron estas fontes, podíanse ler no muro do entón concelleiro do PP Óscar Poy.

Arroxo acudiu á Comisaría da Policía Nacional a denunciar os feitos. En concreto, nos comentarios líase que “había que linchar” ao portavoz do BNG.

“Vou ir a por eles e mesmo son capaz de cortarlle o pescozo a ese fillo de puta do Bloque. Que o pense, non sabe o que lle espera”, sinalaba outra das publicacións que contiña varios erros ortográficos.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...