InicioSociedadeA asociación Lugo Monumental pide que non se afesten servizos públicos do...

A asociación Lugo Monumental pide que non se afesten servizos públicos do centro, como a Comisaría

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental dirixiuse ao Concello, á subdelegación do Goberno e ao Ministerio do Interior para reclamar que se reconsidere a decisión de non situar a nova Comisaría no centro histórico. Lugo Monumental pediu reverter a “paulatina desaparición de servizos” no centro e sinalou que a reforma do edificio coñecido como ‘de Obras Públicas’ parecía “unha boa opción” pola súa localización e pola vantaxe de dar uso a un inmoble xa existente.

Segundo advertiron, a recolocación da Policía Local na zona sur do centro urbano e a previsión de instalar a Comisaría de Policía Nacional na zona norte “descentran completamente a protección do centro histórico”.

Lugo Monumental denunciou que, nas últimas décadas, o centro histórico viuse privado de numerosos servizos, que foron trasladados a outras zonas, “en moitas ocasións con pobres resultados”. Respecto diso, referiuse ao Museo Interactivo da Historia de Lugo, que “supuxo un gran investimento que non se está rendibilizando” e que, se estivese no centro histórico “o seu uso e afluencia serían outros totalmente diferentes“, ou ao novo Auditorio.

Outros servizos que foron desprazados son servizos sanitarios ou de emprego, e Lugo Monumental advertiu de que “mesmo as comunicacións afástanse do centro histórico coa construción da intermodal”. A asociación censurou que se constrúan ou proxecten edificios para servizos públicos afastados do centro, e augura que moitas desas iniciativas converteranse nun “sonoro fracaso”.

Con respecto ao edificio ‘de Obras Públicas’, consideran “rechamante” que se xustifique non recuperar o inmoble pola posible aparición de restos arqueolóxicos, e cuestionaron, se a propia administración, que conta con recursos, “non dá exemplo pondo en valor eses restos”, “como se atreven a esixir ao particular o mesmo”.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...