InicioLugo e contornaAIRA congrega ao seu persoal nun encontro en agradecemento

AIRA congrega ao seu persoal nun encontro en agradecemento

A finalidade do evento era potenciar o labor que fai cada un dos traballadores/as, así como fortalecer os valores da cooperativa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cooperativa agrogandeira, AIRA, celebrou este venres a súa primeira convención de traballadores. O evento realizouse no hotel ATTICA 21 de Vilalba onde se congregaron 270 traballadores dos máis de 300 que forman parte do persoal da cooperativa. A finalidade foi pór en valor o traballo que leva a cabo cada un dos traballadores e traballadoras, que é fundamental para que a cooperativa funcione.

“O compromiso, o esforzo e a dedicación de todos os traballadores/as de AIRA, levaron á cooperativa a ser un referente no sector”, destacou o director. Así, lembrou que a cooperativa ten numerosas áreas de traballo, “e todas elas son importantes, relevantes e necesarias”.

Acto seguido, Cristina Lamas e Alba Vázquez falaron sobre a súa experiencia como as empregadas con máis antigüidade e menos, respectivamente. Tras a comida, o presidente da cooperativa, José Manuel López Tellado, agradeceu o traballo que levan realizando en AIRA e a participación nun evento de especial importancia para todo o equipo. A xornada concluíu co recoñecido monologuista Carlos Blanco, quen ofreceu un dos seus espectáculos a todos os traballadores/as asistentes e, finalmente, un DJ puxo o broche á xornada.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...