InicioSociedadeVolve a neve: máis de 70 estradas dos concellos da montaña afectadas

Volve a neve: máis de 70 estradas dos concellos da montaña afectadas

Os municipios máis afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve volveu con intensidade á montaña de Lugo e a Deputación iniciou un operativo nas máis de 70 estradas provinciais ao seu paso por 11 concellos da montaña. Segundo informou a institución provincial, despregou a 48 operarios e 32 máquinas e vehículos para facer fronte ás consecuencias nas estradas provinciais e manterá o operativo, polo menos, durante toda a fin de semana.

Os municipios máis afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos. Pola súa banda, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recomendou circular con precaución na LU-633 desde Pedrafita do Cebreiro ata o quilómetro 26, en Ramil, e tamén na A-6 ao seu paso por Pedrafita.

A montaña lucense atópase nesta xornada de venres en alerta amarela por neve onde se esperan acumulacións superiores aos cinco centímetros, segundo Meteogalicia. As temperaturas esborralláronse en Folgoso do Courel onde alcanzaron os – 0,4 graos, seguido da Fonsagrada con – 0,1 e en Chantada onde o mercurio situouse nos 0 graos.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...