InicioEconomíaAs asembleas de traballadoras avalan o acordo que pon fin á folga...

As asembleas de traballadoras avalan o acordo que pon fin á folga na limpeza

O texto, que será sometido a votación das traballadoras e traballadores nas asembleas convocadas ás 11,00 e 17,00 horas na Casa Sindical de Lugo, tamén inclúe subidas no plus de traballo por domingos e festivos cos correspondentes atrasos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As asembleas de traballadoras do sector da limpeza na provincia de Lugo avalaron o preacordo subscrito entre as centrais sindicais e a patronal para a firma dun novo convenio, co que se pon fin a catro meses dunha folga mantida desde o 16 de outubro de 2023.

Nun comunicado, a representante da CIG, Asunción Castiñeira, destacou a mobilización como a clave que permitiu ás traballadoras “avanzar nos seus dereitos”. “A súa loita é un exemplo para toda a clase obreira e un exemplo de loita feminista contra a precariedade e a explotación nun sector esencial e feminizado pero tan pouco valorado como a limpeza”, aseverou.

O acordo apoiado este xoves polas traballadoras inclúe un incremento salarial do 18,3% durante a vixencia do convenio, con subidas porcentuais de entre o 3,1 e o 4,2% durante en cada exercicio ata 2026.

O texto, que será sometido a votación das traballadoras e traballadores nas asembleas convocadas ás 11,00 e 17,00 horas na Casa Sindical de Lugo, tamén inclúe subidas no plus de traballo por domingos e festivos cos correspondentes atrasos.

A CIG tamén destaca a incorporación ao novo convenio provincial dun clásula para blindar o pago de, como mínimo, o salario mínimo interprofesional vixente en cada momento e outra que obriga a activar unha comisión negociadora no primeiro trimestre de 2027 para negociar un novo acordo colectivo que, de incumprirse, suporá de forma automática un aumento da táboa salarial do 2%.

A central nacionalista incidiu en que isto último busca “impedir as manobras patronais para non actualizar o convenio que veñen repetindo en cada negociación, ben negándose a constituír a mesa ou ben alongando indebidamente as negociacións”.

ANTIGÜEDAD

Así mesmo, o novo convenio tamén inclúe que a contía dos trienios “seguirá sendo unha porcentaxe do salario base” co que as traballadoras verán incrementadas as súas retribucións que perciban por este concepto.

Para a CIG, isto constitúe “un dos éxitos da exemplar loita das traballadoras” tras meses de folga ao lograr “frear os recortes na antigüidade que pretendía impor a patronal, modificando o sistema de cálculo para pasalo a unha contía fixa”.

Ademais, o preacordo actualiza as condicións das vacacións, permisos ou pólizas de accidentes, así como o compromiso de que os participantes na folga perciban os atrasos de forma íntegra e non vexan afectadas as súas vacacións.

Xunto a isto, conseguíronse melloras nas percepcións das vacacións, nos permisos ou na póliza de accidentes. E tamén unha garantía para que as traballadoras e traballadores que participaron na folga (que hoxe cumpre 129 días) perciban os atrasos íntegros e non vexan afectadas as súas vacacións.

ÚLTIMAS

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...

A crítica edil María Reigosa apoiará os orzamentos de Lugo “por responsabilidade”

A concelleira de Lugo María Reigosa, que pediu recentemente a baixa do PSOE, resolveu...

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

A subdelegada do Goberno participa nunha sesión formativa de “A Administración Cerca de Ti”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, participou nunha sesión formativa do programa...