InicioSociedadeO ex xefe de Electromecánica do Concello de Lugo acepta unha multa...

O ex xefe de Electromecánica do Concello de Lugo acepta unha multa de 1.800 euros por dar contratos á súa familia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ex  xefe do servizo de Electromecánica do Concello de Lugo aceptará unha multa de 1.800 euros e unha pena de dous meses e medio de prisión por dar contratos á súa familia. A Audiencia Provincial de Lugo sentará, o vindeiro xoves, no banco dos acusados a este home, imputado na operación Pokemon, que deberá aceptar un acordo de conformidade.

O acusado foi enxeñeiro técnico industrial no Concello, onde desempeñou sucesivamente os postos de xefe adxunto e xefe do Servizo de Electromecánica. Mentres ocupaba este cargo tamén tiña unha participación nunha empresa de entre o 12,5% e o 15,13% entre os anos 2006 e 2011, e do 14,31% desde o ano 2012.

A empresa, na que tamén tiveron participación os seus fillos e unha nora, realizou diferentes prestacións para o Concello de Lugo, por un importe de máis de 8.850 euros, entre os anos 2008, 2009 e 2012. A muller ostentou desde 2005 unha participación do 27,5% doutra empresa, na que tamén tiña parte un dos seus fillos, e que realizou prestacións para o Concello por un importe total de 32.406,32 euros.

O Ministerio Público sinala que o acusado, aproveitando o seu cargo público, nomeou aos seus familiares ou ás empresas nas que tiñan participación para realizar varias obras na cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...