InicioLugo e contornaLugoCarlos Dablanca de Agromuralla: "A agricultura e gandería como siga así, non...

Carlos Dablanca de Agromuralla: “A agricultura e gandería como siga así, non é viable”

Sobre as mobilizacións, o gandeiro cuestiónase: "Europa está en pé de guerra e imos agardar ao 18 de febreiro, cando eles xa rematen?"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Países como Francia, Italia, Alemaña, Hungría ou Polonia levan semanas cos seus agricultores e gandeiros en protestas con caravana de tractores polas principais estradas en contra das políticas europeas que afectan ao sector primario. Desde este martes, xa saíron tractores de Ourense ata a capital coa fin de unirse a esta manifestación. Os sindicatos UU.AA, SLG o Asaga acordaron iniciar as protestas unha vez pasen as eleccións galegas do 18F.

“O que din os sindicatos, agardar a despois das eleccións cando toda España se está manifestando agora, paréceme un insulto”, afirma Carlos Dablanca membro da executiva da asociación lucense Agromuralla. De momento, non existe unha convocatoria pechada e son moitos os gandeiros e agricultores que se organizan a través de grupos de WhatsApp. Carlos explica que agardan a que os coordinadores en Galicia da plataforma 6F, a nivel nacional, elaboren unha folla de ruta. “Onte saímos os socios de Agromuralla, pero aínda non hai nada claro e está todo no aire. Europa está en pé de guerra e imos agardar ao 18 de febreiro, cando eles xa rematen?“, pregúntase. 

OS CAMBIOS NA NORMATIVA EUROPEA

Carlos expón que esta nova lexislación lles afecta de cheo, así como outras que xa saíron no pasado e que sairán porque “veñen votadas desde Bruxelas e están feitas nun despacho que descoñece o sector”. Pón de exemplo, un procedemento que se facía ata este momento e que xa non será posible: “Cando unha vaca está tumbada de calcio, poñíaselle o calcio e en dúas ou tres horas a vaca estaba de pé e arrincando. Agora con esta normativa non podemos aplicar nos o calcio nin se nos pode receitar. Un veterinario chega en catro ou cinco horas e a vaca pode falecer ou ter unha recuperación lenta. É algo que levamos facendo moitos anos e nunca pasou nada, ao contrario”. 

Na liña, do que para o gandeiro de Agromuralla son “leis sen sentido”, está a cuestión dos abonos“Sabemos perfectamente como abonar as nosas terras non fai falta que no lo digan desde Bruxelas”, comenta e engade que teñen técnicos que reafirman que hai normativas sen sentido algún como “limitar as unidades de nitróxeno, por exemplo, ao millo, cando o millo ten que comer máis unidades de nitróxeno”. É o que precisa e sinala que terán que deixar de botar o millo e ser competitivos co resto de países. 

Outra das cuestións que lles afecta é a competencia inxusta con outros países cos que “non se vai na mesma liña”. Conta que se prohibíu aquí o uso dun pesticida, o fenitrotión, e que hai países moi próximos, que evita mencionar, que está empregando ese productos, que logo veñen para aquí. “No seu momento retirouse por ser canceríxeno e moi malo e agora chega en productos producidos de fóra ata aquí?”

UN SECTOR “FARTO” 

Carlos quere sumarse ao movemento europeo en manifestación porque, recoñecen, “estar fartos”. Expón un dato, “en dez anos o 80% da xente ímonos xubilar, vai haber relevo xeracional? Eu creo que non”, lamenta e di que ou isto cambia ou todos os productos virán de fóra e en que condicións? “Ou cambia ou quedámonos sen agro”. 

Cando se lle pregunta polos prezos menciona que existe unha lei na que non podes vender a perdidas que “se estan pasándo polo forro”. Bota a vista atrás aos seus inicios no agro e recorda que cando empezou eran unhas 50.000 granxas e hoxe son 5.000 as que se contabilizan. “Estas normativas están dando a entender que nos contaminamos, que somos malos para o medio ambiente e que non coidamos ben aos animais… Chegamos a un punto de que non todo vale”, afirma. 

Para concluír lanza unha mensaxe clara. Hai que consultar e asesora antes de realizar unha normativa e pisar o campo. Outorga valor á agricultura fronte aos incendios en Galicia: “Hai 30 anos había os mesmos incendios que agora, pero tamén en cada parroquia o 50% estaba a cultivos, prado, viño,… a modo de barreira natural,… A agricultura evita moitos incendios e non o entenden”, di en referencia aos que elaboran esta nova lexislación e láiase da situación actual. “A agricultura e gandería como siga así creo que non é viable. A día de hoxe cos cartos que se ganan, estás por vocación. Temos que facernos oír e oxalá en Galicia comece canto antes unha mobilización en serio”, conclúe. 

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...