InicioPolíticaFernández Liñares ingresa na prisión de Monterroso para cumprir condena por suborno...

Fernández Liñares ingresa na prisión de Monterroso para cumprir condena por suborno e prevaricación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O que foi presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) Francisco Fernández Liñares ingresou este luns, de forma voluntaria, na prisión lucense de Monterroso para cumprir a condena de catro anos e medio de cárcere aos que foi condenado polo Tribunal Supremo por delitos continuados de suborno e prevaricación mentres presidiu a entidade.

O tamén ex concelleiro socialista en Lugo recibiu a semana pasada unha notificación da Audiencia Provincial de Lugo na que se lle daba un prazo de 10 días para ingresar de forma voluntaria nun centro penal da provincia. Con iso, se lle facultaba para elixir a prisión na que cumprir o que resta de condena. Na tarde deste luns, dentro do prazo outorgado, Fernández Liñares decantouse por ingresar na prisión de Monterroso e non pola de Bonxe, onde xa estivo en prisión preventiva no seu momento.

O Supremo emitiu o verán pasado unha sentenza en relación ao caso de Fernández Liñares na que rebaixaba a pena de prisión ditada dous anos antes pola Audiencia de Lugo. Con iso, agora deberá cumprir catro anos e medio de cárcere, menos os meses que xa estivo en prisión provisional.

O fallo está relacionado coa adxudicación de obras a empresarios cos que se puxo de acordo a cambio de diñeiro ou de prestacións de traballo nas súas propiedades. Correspóndese, ademais, coa primeira peza separada da macro causa ‘Operación Pokémon’, instruída por Pilar de Lara.

En síntese, determina o TS, os feitos probados recollen que o condenado contraviu o establecido na Lei do Sector Público que obriga aos órganos de contratación a velar por que todos os licitadores reciban igual trato e a non facilitar, de forma discriminatoria, información que poida dar vantaxes a determinados licitadores con respecto ao resto.

Para iso, utilizou o procedemento de adxudicación negociado, que, segundo a Lei de Contratos do Sector Público, permite contratar obras cuxo valor estimado sexa inferior a un millón de euros e que impón a obrigación de solicitar ofertas polo menos a tres empresas. 

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...