InicioLugo e contornaA lucense Marta Rivera, 'dúas' de Feijóo por Madrid, deixa o Congreso

A lucense Marta Rivera, ‘dúas’ de Feijóo por Madrid, deixa o Congreso

Para centrarse na súa actividade no Concello de Madrid, onde é tenente de alcalde e responsable de Cultura con José Luís Martínez Almeida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A que fose ‘número dous’ da lista do PP ao Congreso que encabezou Alberto Núñez Feijóo pola circunscrición de Madrid, a escritora Marta Rivera da Cruz, de orixe lucense, renunciou á súa acta de deputada para centrarse na súa actividade no Concello de Madrid, onde é tenente de alcalde e responsable de Cultura con José Luís Martínez Almeida.

Marta Rivera da Cruz, xornalista e escritora, procedía de Cidadáns, onde foi responsable de Cultura no partido e deputada con Albert Rivera no Congreso, Como membro do partido laranxa foi nomeada en 2019 conselleira de Cultura e Turismo no Goberno de coalición madrileño que presidiu Isabel Díaz Ayuso e foi cesada dous anos despois tras a ruptura do pacto de goberno e a convocatoria de eleccións anticipadas na Comunidade de Madrid.

Pero cando Díaz Ayuso gaño as eleccións de 2021 a repescó para o seu goberno en solitario e encargoulle a mesma Consellería. Dous anos despois, cando chegaron as eleccións autonómicas e municipais de maio de 2023, Marta Rivera pasou á lista municipal do PP e o alcalde José Luís Martínez Almeida nomeouna tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Cultura e Deportes.

Pero, paralelamente, Feijóo decidiu escollela tamén como o seu número dous da lista do PP por Madrid, un xesto que se interpretou como unha chiscadela ao electorado de Cidadáns. Seis meses despois, Rivera da Cruz decidiu deixar o escano para dedicarse plenamente ás súas responsabilidades no equipo de goberno municipal.

OUTRO DEPUTADO POR MADRID QUE SE VAI

Tamén deixa o Congreso outro dos deputados por Madrid, Pablo Vázquez, doutor en Economía e licenciado en Dereito, que decidiu renunciar á acta para envorcarse nas súas funcións como director da Fundación Reformismo 21. Os seus escanos serán cubertos por José Enrique Núñez e Edurne Uriarte, que figuraban no posto número 18 e 19 da candidatura por Madrid ás xerais do 23 de xullo, confirmaron fontes do Grupo Popular.

José Enrique Núñez, licenciado en Dereito, conta cunha ampla experiencia na política municipal e autonómica madrileña, onde foi concelleiro delegado de Seguridade e Emerxencias e de Economía, Facenda e Administración Pública do Concello da capital, deputado autonómico e viceconselleiro de Xustiza da Comunidade de Madrid.

ÚLTIMAS

Morre un mozo de 27 anos tras saírse da vía e caer ao río

Un mozo de 27 anos faleceu este sábado tras sufrir unha saída de vía...

Decretada a posta en liberdade do profesor investigado por abusos a varias alumnas

A maxistrada do Xulgado de Instrución número tres de Lugo decretou a posta en...

Deputados provinciais do PP lugués visitan Altri e tildan de “irresponsabilidade” a ausencia de BNG e PSdeG

Deputados provinciais do PP de Lugo visitaron a sede de Altri en Portugal para...

Detida unha parella en Lugo por subtraer o cartón ao avó dela e retirar case 12.000 euros

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, detiveron a unha parella...