InicioSucesosInterceptado en Lugo un condutor sen carné e con numerosos antecedentes por...

Interceptado en Lugo un condutor sen carné e con numerosos antecedentes por delitos contra a seguridade viaria

Foi denunciado varias veces por circular baixo os efectos do alcol e co permiso retirado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou nas últimas horas a un condutor, veciño da cidade de 34 anos de idade, que foi sorprendido circulando co carné retirado por resolución xudicial, e que ten numerosos antecedentes por delitos contra a seguridade viaria.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na rúa Milagrosa, onde unha dotación deu o alto a este condutor ao observar que circulaba de forma irregular. Tras constatar que non ten o permiso en vigor, tramitáronse dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria e inmobilizouse o vehículo.

Ao comprobar a base de datos, a Policía constatou que ese mesmo condutor xa fora interceptado en xuño pasado e denunciado por circular baixo os efectos do alcol, cun resultado no test de alcoholemia de 0,93 mg/l. Ao día seguinte, foi novamente parado por unha patrulla e, nesa ocasión, negouse a realizar a proba de alcoholemia, polo que de novo foi denunciado.

Semanas despois, en agosto, de novo deu positivo nun control, cun resultado de 0,64 mg/l e, días despois, volveu ser interceptado, nese caso, circulando sen o carné, que lle foi retirado polo xulgado.

Os axentes tramitaron denuncia e inmobilizaron o seu coche. Así mesmo, comprobaron que xa denunciara con anterioridade, en novembro, tamén por circular baixo os efectos das drogas.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...