InicioLugo e contornaOs parques de bombeiros de Vilalba e Chantada volveron permanecer pechados

Os parques de bombeiros de Vilalba e Chantada volveron permanecer pechados

Os efectivos foron recolocados en Barreiros e Monforte de Lemos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os parques de bombeiros de Vilalba e Chantada volveron a permanecer pechados durante este venres pola ausencia de traballadores dos servizos mínimos, segundo informou a Deputación nun comunicado.

En concreto, dos tres efectivos necesarios en cada instalación para cumprir os mínimos establecidos, esta mañá só presentáronse dous empregados en Barreiros, así como un en Chantada e outro en Vilalba. A pesar de que foron avisados os reténs designados, tampouco acudiron e non foi posible a mobilidade de operativos doutras bases, xa que tamén estaban a cubrir servizos mínimos.

Así, o Consorcio decidiu recolocar ao efectivo de Vilalba no parque de Barreiros e ao de Chantada no de Monforte de Lemos, desde onde se atenderán as posibles incidencias, quedando pechados os seus respectivos parques ata este sábado ás 09.00 horas. A folga no servizo de bombeiros da provincia iniciouse xa o pasado verán esixir ás administracións unha mellora das condicións laborais e solicitar un incremento de persoal.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...