InicioLugo e contornaO Concello de Lugo aprobará este mércores a OPE de 2023, que...

O Concello de Lugo aprobará este mércores a OPE de 2023, que contará con 36 prazas

O Concello de Lugo avanzou que aprobará este mércores na xunta de goberno local a Oferta Pública de Emprego (OPE) para o 2023, que incluirá a convocatoria dun total de 36 prazas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo avanzou que aprobará este mércores na xunta de goberno local a Oferta Pública de Emprego (OPE) para o 2023, que incluirá a convocatoria dun total de 36 prazas.

En concreto, tal e como comunicou o concelleiro de Economía e Recursos Humanos, Pablo Permuy, a 28 delas poderase acceder a través de concurso de oposición libre, mentres que o oito restantes serán de promoción interna, “co obxectivo de abordar as necesidades máis urxentes detectadas nos diversos servizos, garantir as cadeas de mando e mellorar a eficacia dos diferentes departamentos, especialmente no que ten que ver coa atención cidadá”.

Así, na OPE deste exercicio contémplase a cobertura das vacantes existentes na Brigada de Augas, Cemiterio, Parque Móbil, Arquitectura, Policía Local e bombeiros, así como as existentes nos diferentes centros cívicos para os postos de traballador/a social, ordenanza, animador/a ou psicólogo/a.

Así mesmo, o edil socialista destacou que a proposta saíu adiante co apoio de todas as forzas sindicais representadas na mesa de negociación, excepto unha abstención, á vez que agradeceu a colaboración e o traballo realizado. “Foi unha reunión moi cordial, que se desenvolveu nun ton de absoluta cooperación e na que tamén se falou, a título informativo, doutras cuestións que son de interese sindical. Así mesmo mostreilles o meu compromiso a, tendo en conta que conclúan estes procesos, elaborar un calendario coas tarefas pendentes que se abordarán a continuación”, afirmou o concelleiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Asistencia da Deputación a unha palestra organizada por Somos Unidos por el Cáncer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á...

Inaugurada a mostra “Historia Postal de Lugo S. XVIII-XX” no Museo Provincial

O Museo Provincial inaugurou este xoves a mostra “Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”,...