InicioLugo e contornaO parque de Bombeiros de Chantada, pechado de novo

O parque de Bombeiros de Chantada, pechado de novo

Pola falta dun efectivo previsto nos servizos mínimos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou que o parque de Bombeiros de Chantada permanecerá pechado ata este domingo pola falta dun efectivo previsto nos servizos mínimos.

Segundo informou a Deputación nun comunicado, dos efectivos previstos no parque de Chantada e Vilalba só presentáronse dous a traballar en cada un deles.

Por iso, avisaron aos efectivos designados como suplentes na quenda deste sábado que “non se presentaron”. Ante esta situación, dado que non cumpren os servizos mínimos nos dous parques o Consorcio recolocou aos dous efectivos de Chantada.

Un deles irá a Vilalba e o outro a Monforte de Lemos, desde onde atenderán as posibles incidencias. O parque chantadino non prestará servizo ata este domingo ás 9,00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...